6ºEP: INVESTIGAMOS DIFERENTES PERSOEIROS AO LONGO DA HISTORIA

 O equipo de sexto decidiu que a temática relacionada co proxecto deste segundo trimestre sería “Os persoeiros ao longo da historia”. Cada equipo de cooperativo elixiu un home e unha muller dunha Idade histórica concreta. Ese equipo foi o encargado de buscar, seleccionar e contrastar a información desa personalidade e logo explicarlla ao resto do grupo, e tamén confeccionar un produto final para expoñer no exterior da nosa clase e poder compartilo co resto do cole.

Comezamos indagando un poco nosos coñecementos previos sobre o tema, para poder partir deles á hora de investigar.


Logo puxémonos mans á obra buscando información en diferentes fontes e decidindo en equipo que parte da mesma incluir no traballo e cal desbotar.






Cando xa tivemos claro o que queríamos explicar, comezamos a preparar nosos paneis.





Esperamos que vos guste a nosa exposición!

Comentarios