4ºEP: DECORANDO A NOSA HISTORIA

Non hai museo sen salas e salas sen museo, pero neste caso, non hai historia sen unha boa ambientación que nos sumerxa nela.

É neste punto onde os nenos e nenas e 4º de primaria, decidiron que para poder entrar nun mundo medieval o mellor que se pode facer é construír unha  perfecta fortaleza antiga.

Naquela época pasada, a luz entraba no interior dos locais proxectando diferentes cores grazas ás vidrieiras, por iso, estes perfectos arquitectos e arqquitectas debuxaron, colorearon e pegaron papeis de cores, tras unha ardua selección dos mesmos, simulando aqueles cristais de distintos tons para darlle un ambiente cálido ao noso mini castelo.




Comentarios