4ºEP: VESTIMENTA NA PREHISTORIA

Os rapaces e as rapazas de 4º curso de Educación Primaria elaboraron un collage representativo da vestimenta na época da Prehistoria.

Tras unha investigación sobre os materiais e patróns de indumentaria que se empregaban naqueles tempos para cubrir os corpos, chegaron á conclusión de que predominaba o uso de peles de animais.

Por este motivo, fixeron unha selección de texturas para poder reflectir o uso deste tecido, utilizando recortes de revistas en distintas cores, algodón branco e fíos de cor vermello, negro e tamén branco, para dar profundidade ao deseño.

Non credes que quedou perfecto para un museo de historia?



Comentarios