Por dúas semanas, a aula de 5ºEI converteuse durante unha hora ao día nun
obradoiro no que o alumnado de todos os cursos cooperou para, coa guía das mestras
e capitaneados polos maiores (5º e 6º), fabricar o seu propio disfraz para Entroido.
@S TROGLODITAS da prehistoria acabaron moi satisfeit@s co seu resultado, pero, sobre todo,
desfrutaron moreas do proceso!
Comentarios
Publicar un comentario