4ºEP: INVESTIGAMOS TAMÉN NA CASA

Na clase de 4ºEP seguimos coa nosa investigación sobre a Idade Media.

Cada alumno escolleu un tema para pescudar na casa e logo presentalo na aula. 

Así puidemos aprender sobre moitos temas, como por exemplo de literatura e como se facían os libros. Tamén sobre a saúde e a hixiene, así como do deporte ou ocio, a alimentación, a vivenda, os oficios, a arte, a vestimenta, os transportes, e mesmo sobre a educación e a sociedade en si mesma.  

 

As aportacións de cada un deles serviu para que todos aprendéramos datos e feitos moi interesantes. Espero que poidades apreciar nas fotos.



Comentarios