Pacho deixou unha carta para o alumnado de 1º de primaria e grazas a ela, descubrimos que a nosa mascota está atrapada en Roma. As pistas que nos deixou foron as seguintes:
- Uns números moi raros e un idioma que non entendíamos.
Resultou ser latín ese idioma tan extraño. E os números que non entendíamos son "os números romanos" que se fan con algunhas letras do abecedario como V, I ou C.
Aproveitamos para buscar Roma nun mapa e comprobar se quedaba moi lonxe do cole de Leirado.
Comprobamos que se podía ir en coche, en barco ou en avión.

Comentarios
Publicar un comentario