4ºEP: PASAPALABRA DA VESTIMENTA

Os nosos pequenos investigadores e investigadoras estiveron pensando e pensando… e, chegaron á conclusión, de que a mellor maneira de aprender cousas novas é a través dos xogos!

Por iso, crearon un Pasapalabra da vestimenta, que recolle sobre todo a Idade Contemporánea, para pasar un rato entretido mentres coñecemos datos e curiosidades da historia.

Primeiro, elaboraron un Rosco imitando ao mundialmente coñecido programa de Pasapalabra.

 

Despois, fixeron unha selección das definicións que querían incluir neste xogo, para que os futuros participantes probasen sorte, pero OLLO! TODAS RELACIONADAS COA VESTIMENTA!

 

Por último, como lles parecía pouco o traballo que fixeron, tamén crearon un logo representativo do seu Pasapalabra para as tarxetiñas que levarán os presentadores do xogo.

 

Podedes vir a intentar superalo o día da nosa exposición final!



Comentarios