ED. INFANTIL: VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

Qué ben o pasamos as nenas e os nenos de infantil na nosa saída do mércores ao museo de Pontevedra!


Ali coñecemos a Trea, unha nena coma nós pero que viviu na Prehistoria, durante a Idade dos Metais. Con ela e coa nosa guía aprendemos un montón de cousas, pero tamén lles contamos o que xa sabiamos nós sobre esa etapa histórica

Ademáis, fixemos un obradoiro de buscar pepitas de ouro, decoramos un colar coma o de Trea e tamén puidemos poñernos un torque!!



Comentarios