4ºE.P: DESEÑADORES DA IDADE CONTEMPORÁNEA

 
Nesta ocasión, os nosos expertos modistas de 4º curso decidiron inspirarse nas biografías de distintos deseñadores da Idade Contemporánea para crear por eles mesmos deseños exclusivos e inspiradores.


Deste xeito, levando a cabo un traballo interdisciplinar das materias de Linguas e Plástica, os rapaces e rapazas fixeron unha comprensión profunda das biografías e das descricións do traballo estilístico dos famosos deseñadores Coco Chanel, Giorgio Armani, Carolina Herrera e KarlLagerfeld.


Tras isto, puxéronse na pel e na visión deste famosos mestres da costura e convertéronse neles mesmos; plantexando bocetos do que para eles representaba ou inspiraba a liña de traballo de cada un dos deseñadores e... saíron deseños incribles!


Máis adiante, fíxose unha presentación dos verdadeiros deseños destes recoñecidos sastres e comparáronse cos que se crearan na aula.

Sen dúbida, os nosos nenos e nenas gañaron en creatividade!

Comentarios