PERSOEIROS DA IDADE CONTEMPOÁNEA: OBRADOIRO DE DISFRACES.

 Este ano en Leirado decidimos vivir o entroido a tope! En todo o cole organizáronse obradoiros internivelares nos que xs maiores axudaron ás/aos pequech@s a elaborar os disfraces. Na aula de sexto traballamos arreo para preparar unha chea de disfraces diferentes! Cada nen@ iría caracterizado dun persoeiro distinto da Idade Contemporánea. 

Pouco a pouco foron aparecendo Tina Turner, Einstein, Frida Khalo, Michael Jackson… Entre moitos outr@s!



O grupo púxose como reto elaborar o vestiario reciclando o máximo posible e sen ter que mercar apenas material ningún. Deste xeito, unha grande parte dos disfraces e seus accesorios creámolos nosas propias mans. Tamén utilizamos roupa que trouxemos da casa. 


Cada persoeiro levaría dous accesorios de cartón que nós mesmos recortamos e pintamos: nun poríamos seu nome, e no outro unha frase súa que se fixera célebre. 



E aquí tendes o resultado final!


Comentarios