6ºEP: VIAXANDO NA "MÁQUINA DO TEMPO" Á IDADE CONTEMPORÁNEA

Utilizando como guía de viaxe a carta que nos deixou Pacho, emprendimos nosa aventura do saber subindo á unha “máquina do tempo” moi particular: a biblioteca. Tiñamos unha misión: descubrir a que época pertencía a foto dunha muller subida ao que parecía un coche antigo…

Xa está! co esforzo de todxs descubrimos que estabamos diante do primeiro coche da historia, creado en 1886 por Karl e Berta Benz. Decidimos profundar un pouco máis sobre esta achega, para poder ubicala na época á que pertence.


Misterio resolto! A fotografía pertence á Idade Contemporánea! Agora xa sabemos que Idade imos traballar ao longo deste trimestre. Interesante… Comenzamos por buscar seus momentos históricos máis reseñables.


Traballando en equipo descubrimos que  a Idade Contemporánea empezou coa Revolución Francesa de 1789 e… inda non rematou! Ao longo deste tempo pasaron unha morea de feitos que cambiaron o rumbo do mundo. Seguiremos investigando…


Comentarios