Logo de descubrir o misterio da carta que nos tiña preparada Pacho na biblioteca para contarnos a temática deste novo proxecto, decidimos poñernos mans á obra comezando polo principio: Que sabemos nós sobre a historia?
Os diferentes equipos fixeron candansúa recompilación de ideas sobre o que pensaban que sabían sobre o tema. Logo compartiron o acadado nunha posta en común oral ao resto de equipos.
Logo da posta en común contrastamos as nosas hipóteses a través de diferentes fontes. Así conseguimos ter unha idea xeral da Historia que nos axudará a entender mellor a Idade Contemporánea. Seguiremos investigando…
Comentarios
Publicar un comentario