Os nenos e nenas de 5º E.P descubriron que moitos dos produtos que consumimos proveñen de América, e como chegaron aquí?
Pois aí os colonizadores tiveron un papel importante. Así foi como o alumnado de 5º quixo facerlle unha homenaxe a quen puxo no mapa a América, “Cristobal Calabazón!”
E como chegou Cristóbal Colón a América?
Pois agora xa sabemos que nunhas carabelas chamadas: A Pinta, A Santa María e “La Niña” , que navegaron ata que deron con esa terra, descubrindo unha cultura nova para nós. Embarcámonos nestas carabelas e comezamos a investigar que nos deparou anos e ata séculos posteriores deste fito, comeza a ... Idade Moderna!
Comentarios
Publicar un comentario